- Descubre o novo Myspace de BRATH onde atoparás as últimas novidades, concertos, música, descargas...

- BRATH entra de novo nos estudios de Sons Galiza a preparar o que será o seu novo disco "Ás portas de Lug"

-Xúa! xa ten o seu primer disco na rúa, a que esperas?

 

 

LOAIRA

O grupo Loaira xorde por mor das inquedanzas que os seus compoñentes amosan na búsqueda de sons novos e versátiles, bebendo directamente da Música Tradicional Galega, mais apostando fortemente pola música de autor. A súa proposta musical está intrínsecamente ligada ao eido da Literatura e para conseguir esta comuñón entre música e literatura contan coa colaboración da poetisa Mariña Pérez. Todos os membros contan cunha dilatada experiencia, froito do seu paso por outros grupos, así como a colaboración con músicos doutras bandas. Seguir lendo ->

XA Á VENDA: RAMON PIÑEIRO "A TERRA E A SAUDADE"

Co gallo de dedicar o día das letras galegas ao escritor Ramón Piñeiro a compañía Sons Galiza, seguindo a xeira comezada hai dous anos coa edición do libro/disco/dvd sobre María Mariño “Palabra do tempo que comenza” e que continuou con Xosé María Álvarez Blázquez “Entre o Miño e o mar de Vigo” edita un libro/disco/dvd cun documental biográfico e un Cd baseado en textos do autor de Láncara. O libro inclúe textos con fotografías de lugares e feitos importantes na vida do autor.
Seguir lendo ->

ENTRE O MIÑO E O MAR DE VIGO: HOMENAXE A XOSÉ Mª ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

A compañía discográfica SONS GALIZA pon estes días no mercado o proxecto XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, ENTRE O MIÑO E O MAR DE VIGO, en edición LIBRO-CD-DVD.Este traballo multimedia é o número dous da colección O SON DA PALABRA. A colección comezou co volume MARIA MARIÑO,PALABRA NO TEMPO QUE COMENZA e naceu para publicar textos literarios musicados nos que se inclúen documentais biográficos dos creadores.
Seguir lendo ->