- Descubre o novo Myspace de BRATH onde atoparás as últimas novidades, datas de concertos, música, descargas...

- ¿Queres gravar o teu disco? Descubre as nosas ofertas aqui.

-Xúa! xa ten o seu primer disco na rúa, a que esperas?

 

 

XÚA!

Xúa son un quinteto novo de moita experiencia. Novo porque debutan discográficamente como grupo, pero individualmente os seus compoñentes teñen participado en diferentes experiencias musicais que van desde tocar con grupos de longa historia como Brath ou Fía na Roca hasta actuar con agrupacións máis novas como Anubía ou Driade. Estas moitas horas de escenario nótanse nunha banda que, aínda que basa a súa filosofía sonora na tradición do folk galego, non renuncia a incorporación de ritmos procedentes doutras disciplinas artísticas que cheiran a jazz ou a funk. Tampouco renuncia o combo a aproveitar sons doutras culturas, como é o caso dos ritmos eslavos que se poden escoitar e que, supoñemos, proceden de Vazdim Yukhnevich, que se encarga do acordeón de botóns.... Seguir lendo ->

NOVO DISCO XÁ A VENDA!

ELOI CALDEIRO “Palabra no tempo que comenza”

O músico e poeta Eloi Caldeiro líder do grupo galego de Folk Brath, ven de editar un disco con dez pezas con ritmos de Bossa nova, as letras son poemas María Mariño,a escritora á que se lle dedicou no ano 2007 o Día das Letras Galegas. Caldeiro nesta ocasión escapa da lóxica de musicar os poemas en clave Folk e adéntrase nos ritmos da lusofonía, nada estraños para el, tanto polo idioma como pola propia música.

O traballo sorprende desde o primeiro momento pola conexión que mantén sobre todo coa música brasileira mais xenuína e ata nalgún intre nos fainos dubidar se estamos diante dun disco do outro lado do atlántico. Sen lugar a dúbidas atopámonos cun disco que aínda sendo o primeiro destas características para Caldeiro, deixa a sensación de que abriu unha porta que pode depararnos moitas e agradables sorpresas.